Páxina oficial do grupo folque Xanzá
Novas de interese
Nesta sección atoparedes as novas máis recentes relacionadas con nós e coa música tradicional galega en xeral. Non pretendemos facer desta sección nin un xornal dixital nin un blog, xa que para iso xa hai outras páxinas que funcionan mellor ou peor, algunhas das cales tedes dispoñibles na sección de enlaces; aínda que prometemos actualizar esta sección regularmente e á maior brevidade posible coas máis variopintas novas de actualidade.
VIII Certame Folk "Radio Obradoiro" (11/05/2007)
Estamos encantados de anunciarvos que un ano máis volvemos estar na final do Certame Folk "Radio Obradoiro".
Este ano celébrase o venres 11 de maio, a partires das 21:00, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Os outros tres grupos finalistas son Ghaita Depedra (Lugo), Lúa D'Fouce (Santiago de Compostela), e Pradairo (Teo).
Agardamos que nos veñades ver e nos brindedes o voso apoio. Contamos convosco.
Nota: Haberá petiscos para todos ó remate do certame.