Páxina oficial do grupo folque Xanzá
Páxina oficial do grupo folque Xanzá
Galería dixital
Dende aquí podedes acceder a un monte de material audiovisual sobre o grupo: fotografías, vídeos, gravacións, partituras e algunha cousa máis que iremos engadindo co tempo.
Fotografías
Instantáneas diversas sobre actuacións, concursos e outras viaxes do grupo.
50º aniversario do I.E.S. "San Rosendo" (Mondoñedo, 22/04/2004)
A nosa primeira actuación en público.
Como poderedes ver, antes do concerto estivemos de cea de confraternización (todo moi rico, por suposto) cos outros grupos cos que tocabamos esa noite: No Name, Os Parafusos e Dirty Ray (ex-cantante e compositor de Inmaculate-Fools).
O resto das imaxes xa son do directo.
Existe tamén unha gravación de dita actuación, pero perdeuse no tempo (a ver se logramos atopala e subila á sección de gravacións).
Como anécdotas, comentar que Fuz acabou tocando coa pastilla da guitarra acústica rota (non vexades qué ben soaba) e que Xuco foi convidado por Dirty Ray a tocar varios temas improvisados con el.
Paquete comprimido con tódalas imaxes:
50_aniversario_i.e.s._san_rosendo_mondonedo_22-04-2004.tar.gz | |
File Size: | 3828 kb |
File Type: | .gz |
Vídeos
Curtametraxes-documentais, videoclips dos temas, concertos, aparicións na televisión e tomas falsas entre outras.
VII Certame Folk "Radio Obradoiro" (11/05/2007)
Debaixo destas liñas tedes dispoñibles os vídeos da nosa actuación na final do VII Certame Folk "Radio Obradoiro".
Gravacións
Maquetas, directos, entrevistas, aparicións radiofónicas e demáis rarezas.
Maqueta verán 2005
A nosa primeira maqueta. Gravada en dous días, cun equipo de son máis ou menos decente nunha habitación na que tiñamos que termar das fiestras cada vez que pasaba un camión para que non tremesen os vidros e derramasen a toma. Para ser a primeira, puido saír moito peor. As nosas máis sinceiras gracias a Simón (o técnico de son) polo seu traballo.
Imaxe do cd:
Non dispoñible por problemas co aloxamento da páxina.
Temas soltos:
Falcatruada.ogg | |
File Size: | 2838 kb |
File Type: | ogg |
Labregos.ogg | |
File Size: | 4554 kb |
File Type: | ogg |
Rumba_da_Paramia.ogg | |
File Size: | 2710 kb |
File Type: | ogg |
Partituras
Non dispoñibles ata novo aviso.